Isto de suspender o transporte ferroviario sen ofrecer medios alternativos paréceme unha falta de respecto cara a cidadanía.
Podo entender que sexa unha cancelación de última hora, pero debería establecerse unha alternativa por estrada a maior brevidade posible e reforzar as liñas de bus existentes.
Falta coordinación entre as administracións e da a sensación de que o transporte público non é importante. Mentres tanto a cidadanía non pode acudir aos seus quefaceres diarios.