Avui m’agradaria compartir amb vosaltres un hack per saltar-vos el guarda-rails de MetaAI i poder conversar fent servir idiomes prohibits com el #català
#galego o l’#euskera 😬 #bondia
galego
aburrida e buscándolle sentido á túa vida? 
métete a monxa doa parte do teu tempo á comunidade de usuarias de software «máis-ou-menos-libre» traducindo eses programas e aplicacións tan xeitosos pero que non están dispoñibles para usar en #galego1
Non sabes nin por onde comezar?
Primeiro hai que ir á páxina web onde as desenvolvedoras publican o código. Mira e infórmate sobre o compromiso ético ou falta del, se este se aliña cos teus valores; se o teu traballo vai estar a disposición de outras persoas de xeito «libre» (rollo licenzas); e finalmente infórmate sobre o sistema que usan para aceptar colaboracións como a tradución da interface e/ou documentación.
O máis simple, para comezar, é elixir un proxecto que utilice un sistema cun editor nunha páxina web. Por exemplo #Weblate.
Aí tes unha interface cun formulario simple onde aparece o texto en inglés e un cadro embaixo onde tes que escribir a tradución ao galego xunto cun botón que di «Gardar e continuar». Premes nel e pasa ao seguinte texto a traducir. E xa está XD
Outras interfaces teñen un funcionamento parecido.
Non sei Rick, parece complicado
ja! XD A todas nos pasou!
Soa non podes, con amigues si.
Ti pregunta! No Fediverso, na sala de conversa en Matrix, etc.
Vas ter fallos e facelas cousas mal, pero a boa noticia é que PODES SOLUCIONALO TI MESMA e outras persoas vanche AXUDAR.
Tes algunha aplicación ou programa que che gustaría traducir e non sabes como facelo?
Contacta comigo e intentarei axudarche a traducir.
hai que supoñer que aínda hai persoas que usan o seu dispositivo en galego e teñen interese en que así sexa, aínda que só sexas ti (que ben podería ser), porque se non é mellor meterse en clausura e agardar pola morte para desfrutar da gloria do Señor. ↩︎