Venres 10 de abril. 17 a 20h. Espazo da natureza de Oza. #Carballo. Obradoiro de reparación colectiva, #Repaircafé #DereitoAReparar #Right2Repair #ESFpro
right2repair
Onte na Escola Técnica Superior de Enxeñaría #Compostela, pasamos un bo día de #RepairCafe, cacharreando en altavoces, portátiles e bicis coas compas super-riquiñas de @composcleta
Foi a primeira actividade do novo Banco de Reciclaxe Electrónica que hai na escola. Tivemos até sesión previa de manualidades 
Reparar é unha acción revolucionaria nos tempos que corren. Saír da roda do consumismo. Reivindicar os nosos dereitos a poder reparar o que mercamos.
Vente a un destes espazos de reparación colaborativa:
-> venres 5 en Pontevedra (18.30h) e Oza (17h)
-> sábado 6 en Covelo (10h) e Milladoiro (11.30h)
Acabamos o mes cun Repair Café. O 27/02 no Museo Domus na Coruña.
17:30h. Comezamos falando de Zerotier, unha ferramenta que permite conectividade entre dispositivos coma se estivesen na mesma casa
18h. Mini charla sobre unha app libre para navegación, CoMaps. Abandona G**gleMaps por unha que non recopile os teus datos persoais.
18.30h. Espazo de reparación colectiva. Trae o aparello que tes pendente arranxar e aprende a facelo ti mesma coas compañeiras.
Pasou o verán e pasaron unha morea de cousas nel ☀️
Deixamos unhas fotiños resumo dos repair café feitos en Tabeaio, Carballo, Covelo, Pontevedra e no Artealdea. Graciñas ás voluntarias e a todas as persoas que vos pasáchedes.
Vémonos nas reparación de outono! 🍂