Non queremos ver nin unha #BicicletaBranca máis nas nosas rúas. A seguridade vial non é un favor, é un dereito.
Neste Día da Seguridade Vial, pedimos cidades, vilas e aldeas deseñadas para protexer a vida, non só para axilizar os coches.
Dende Composcleta lembramos a Plácido, que o ano pasado morreu ao ser atropelado por un coche que se saltou un ceda.
Grazas ás compañeiras de Pedalibre (Madrid) por preparar esta campaña 🫶
#BicicletaBlanca #SantiagoDeCompostela #bicicleta #bike #Pedalibre