Amanhã, sexta-feira 6 de fevereiro, de 18h30 a 21h00, no centro sociocultural das Fontinhas, apresentação (e merenda) da Rede vecinhal de apoio às pessoas migrantes 💪🥳 Organizada pola Asociación veciñal A Xuntanza e a Asociación cultural do Barrio de San Pedro.
santiagodecompostela
Este ano, a manifestação do 8M em Santiago de Compostela é unitária de verdade (graças, em boa parte, es transfeministes).
Onte, arredor de 50 persoas de todas as idades, pedalamos por Palestina no 78 aniversario da Nakba para que non se esqueza o xenocidio que leva todo este tempo a perpetrar o estado sionista de Israel e para pedir á UE que corte os acordos comerciais.
Pedaladas semellantes percorreron toda Europa convocadas por Gaza Sunbirds (@gazasunbirds)
#SantiagoDeCompostela #nakba
#PedaladaXPalestina #Composcleta #GazaSunbirds #GreatRideOfReturn #FreePalestine
Já fica menos!! 🎉
Novos buses, novas linhas, app, actualização ajustada de preços con numerosos descontos...
Trabalhaço! 💪
A minha proposta para o Fedipasseio em Santiago de Compostela:
17h00: Ponte das libélulas* (Piscinas municipais de Sar)
18h00: Cafetaria O Balcón das Brañas (Estação de comboios)
Fazei as vosssas sugestões e achegas! 🙃
*vi agora no mapa que se chama assim 🤷
#fedipasseio #fedipaseo #SantiagoDeCompostela
Options: (choose one)
Este sábado 5 de setembro estaremos nas afamadas e tradicionais Festas do Barrio das Marías colaborando na Volta ciclista ao barrio, que sae da Pastoriza ás 12.00 h.
Trae a túa bici e únete! É para todas as idades 🚴♂️🚴♀️🚴♂️🚴♂️🚴♀️🚴♀️🚴♀️
Percorrido: Xunta, Xoán XXIII, Xasmíns, San Roque, Santa Clara, Coimbra, rúa de Abaixo.
Fedipasseio, este sábado 21 de febreiro em Santiago de Compostela!!
17h00 Ponte das libélulas (Piscinas municipais do Sar)
18h00 Cafetaria O Balcón das Brañas (Estação de autocarros)
Poderás: seguir-nos com a tua conta B, stalkear, falar com gente de instâncias blocadas, publicar só impulsos... mesmo podes não vir!! (ou vir disfrazade, que aínda estamos em Entrudo!)
Fedipasseio em Santiago de Compostela!!!
Sábado, 21 de fevereiro de 2026
17h00 Ponte das libélulas (Piscinas municipais do Sar)
18h00 Cafetaria O Balcón das Brañas (Estação de autocarros)
Vem passear, falar de Mastodon e do Fediverso, tomar-lhe algo... ou nada do anterior.
O mércores 3 de xuño é o Día Internacional da Bicicleta e o domingo 7 de xuño unímonos nunha pedalada reivindicativa a ConBici e organizacións de todo o Estado.
🚲✨ BICICLETA: A ENERXÍA QUE NOS MOVE! ✨🚲
🗓️ Domingo, 7 de xuño de 2026
🕥 10:30 h
#BicicletaEstratéxica #SantiagoDeCompostela #ConBici #Composcleta #bicicletas #DíaInternacionalDaBicicleta
PP e não adscritos (Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez, todas exPSOE-PSdeG) frean o cambio de nome do CEP Apóstolo Santiago solicitado pola ANPA do centro
Por que esta fechado Bonaval? 😱😱😱
Non queremos ver nin unha #BicicletaBranca máis nas nosas rúas. A seguridade vial non é un favor, é un dereito.
Neste Día da Seguridade Vial, pedimos cidades, vilas e aldeas deseñadas para protexer a vida, non só para axilizar os coches.
Dende Composcleta lembramos a Plácido, que o ano pasado morreu ao ser atropelado por un coche que se saltou un ceda.
Grazas ás compañeiras de Pedalibre (Madrid) por preparar esta campaña 🫶
#BicicletaBlanca #SantiagoDeCompostela #bicicleta #bike #Pedalibre
🚲✨ BICICLETA: A ENERXÍA QUE NOS MOVE! ✨🚲
O domingo pasado saímos celebrar o Día da Bicicleta percorrendo a ciclovía entre Santiago de Compostela e O Milladoiro.
Ante a crise climática, bici estratéxica.
Máis bicicletas, máis infraestruturas ciclistas, máis independencia enerxética, máis saúde.
#BicicletaEstratéxica
#SantiagoDeCompostela
#ConBici
#Composcleta
#bicicleta
#DíaInternacionalDaBicicleta #WorldBicycleDay #bike
Hoje quereria estar em 3 sítios a um tempo: no concerto de Dogo nos 'Atardeceres do Gaiás', no Festival Emerxente de Ames e em 'Imprómicas', velada de monólogos com Antía Vidal, Antía Costas, Cata Ukelele, Gala M y Adela Bértolo, no Camalea.
🤷🤷🤷
Grazas ao aviso dun socio, o Concello mudou de sitio este sinal na ruela do Cancelón de Sar (entre a rúa de Sar e a rúa de Clara Campoamor), ademais de corrixilo e engadir "Excepto bicicletas" (unificandoa coa sinalización do chan).
#SantiagoDeCompostela #compostela #SeguridadeVial #bicicleta #bike
Hoxe, xoves 11 de xuño, ás 19.00 h, na libraría Lila de Lilith (rúa Travesa, 7), María Ramos Domínguez, Ana Bulnes e Raquel C. Pico, autoras do libro 'Señoras en bicicleta' (Sushi Books, 2026) estarán falando de bicicletas, historia, feminismo, sufraxismo...
#bicicleta #bike #libros #books #SushiBooks #SantiagoDeCompostela #compostela
Promotoot.
No Cole da Almáciga fixeron unha axenda chulísima para o curso 2026-2027. "É unha axenda escolar vista semanal feita con moitísimo agarimo e en cmunidade, que fala de nós, do barrio, do cole e das súas veciñas e veciños. Con contido de interese, de organización, e tamén con algúns xogos divertidos e ilustracións."
Pódese reservar en https://my.liberaforms.org/axenda-escolar-do-cole-da-almaciga-2026-2027 até o día 10 de setembro ás 16h.
#AFAdaAlmáciga #ColeDaAlmáciga #SantiagoDeCompostela #Compostela #Almáciga #Axenda20262027 #AxendaEscolar #CestolaNaCachola
