Esta nova de 1908 fálanos de como se realizaba a pesca da lagosta na costa galega. Velaquí outro exemplo de pesquería que foi abundante en Galicia e que a sobreexplotación fixo esmorecer #lagosta #historiadapesca #historiaeconomica #histodon
historiadapesca
Nos inicios da construción dos grandes encoros da conca Miño-Sil xa se facía referencia aos terriblesimpactos que ían ter estas instalacións para os peixes migradores como os salmóns. Esta nova publicada en industrias pesqueras no 1948 refírese á dificultade para remontar os cursos fluviais que aparece coa construción destas infraestruturas #historiadapesca #historiadaenerxia #salmons #minho