Esta nova de 1908 fálanos de como se realizaba a pesca da lagosta na costa galega. Velaquí outro exemplo de pesquería que foi abundante en Galicia e que a sobreexplotación fixo esmorecer #lagosta #historiadapesca #historiaeconomica #histodon
historiaeconomica
A exportación de samesugas para uso médico por parte dos franceses foi tan intensa na década de 1820 en Galicia (especialmente na lagoa de Antela) que no ano 1827 o Goberno estableceu a veda da súa pesca durante os meses de marzo, abril e maio #histodon #leeches #historiaeconomica https://www.cambridge.org/core/journals/medical-history/article/spanishfrench-leech-trade-and-its-consequences-from-the-increase-in-medical-demand-to-resource-depletion-and-technical-innovation/36806B69AC6A2B5DBD9E6E9DE0E3E5E9
No ano 1928 aprobouse a instalación do aeroporto de Galicia nas Gándaras de Budiño o que implicaba actuacións para desecar o espazo natural. Finalmente este proxecto non se chegou a desenvolver pero si outras actividades industriais que afectaron moi negativamente a esta zona húmida #insustentabilidade #budiño #historiaeconomica